Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte RupestreA primeira das obras artísticas de A Moura Galaica para este proxecto sobre Os Petróglifos de Mogor

No último post vimos o que son os petróglifos de Mogor, e nesta ocasión queremos mostrarvos a primeira das obras artísticas de A Moura Galaica para este proxecto sobre Os Petróglifos de Mogor. A nosa deseñadora tentou respectar os deseños que aparecen nos letreiros que indican cada estación rupestre, A Pedra dos Mouros, A Pedra dos Campiños e a Pedra do Labirinto, e elaborou un deseño de tipografía especial para cada un deles, tanto en galego (co seu nome orixinal) como en xaponés, lingua que domina a artista do equipo.

Aquí mostrámosche o arduo proceso de traballo para compatibilizar cada deseño de cada petróglifo con letras segundo o seu paradigma gráfico. É dicir, se miras, cada deseño de cada petróglifo é verás que é diferente do anterior e cada letra que creou A Moura Galaica cumpre con esa regra. Todas as fontes son únicas e combínanse coa estética de cada deseño de petróglifo. Así as letras creadas para A Pedra dos Mouros son como o deseño do petróglifos de A Pedra dos Mouros e así con as restantes.

Para crear a tipografía xaponesas traducindo e interpretando o significado destes enclaves patrimoniais empregáronse os tres alfabetos xaponeses: 漢字 (Kanji), ひらがな (Hiragana) e カタカナ (Katakana). A intención de escribir tanto en galego como en xaponés é porque Silvia investigara desde fai anos en Xapón as coincidencias culturais de ambos os países: o pais do sol nacente e o pais do sol poñente.

Ademais, queremos que o nome orixinal galego de cada petróglifo se popularice non so no noso alfabeto romance, mais que se entenda tamén desde a perspectiva linguística dun país aparentemente tan afastado da Galiza culturalmente como é Xapón. Así, levaremos os deseños dos petróglifos con orgullo no noso peito e en varios idiomas para que sexan coñecidos en todo o mundo.

 

Bocetos digitales

Share:

More Posts

Elementor #4217

Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte Rupestre En primavera de 2025 publicamos varias entradas neste blogue sobre petróglifos: características formais, titoriais

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Previous slide
Next slide
0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop