Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte RupestreO conxuro da Moura – モウラの呪文

 

日本語版は以下 – Abaixo en xaponés

Durante as investigacións etnográficas que fixemos nos Petróglifos de Mogor, recollimos datos que afirman que A pedra dos Mouros chamábase, antigamente, A pedra da Moura Encantada. Deste penedo nacen as historias do ser máis emblemático do corpus mitolóxico galego, A Moura.

Fernado Sancho inspirouse nestas lendas para crear este poema que invoca tanto as Mouras, como a imaxinación de Silvia para crear a ilustración final que veredes nas seguintes entradas.

O conxuro da Moura

Invocámoste a ti

Deusa vetusta da nosa terra

Dona das longas noites sen lúa

Das pozas profundas e dos lagos escuros

A ti

Que te apareces nos ríos

Peiteando docemente os teus longos cabelos

A ti,

Que es pedra

E que tes forma de labirintos e de auga

A ti te invocamos,

Para que rompas o teu feitizo de serpe

e cun caravel nos beizos

veles pola nosa protección

 

モウラの呪文

私たちの土地の古代の女神、

月のない長い夜の女神、

深い湖と暗い池に

長い髪の毛を甘く整えている姿で現れる

あなたを呼び出します。

石の形で作られているあなたを

呼び出します。

迷宮と水の形をしている

あなたの蛇の呪文を解くため、

私たちを見守るために

あなたを呼び出します。

 

 

 

Share:

More Posts

Elementor #4217

Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte Rupestre En primavera de 2025 publicamos varias entradas neste blogue sobre petróglifos: características formais, titoriais

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Previous slide
Next slide
0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop