Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte RupestreAcuarela: Arte ancestral

A arte da acuarela (do latín aqua : agua) remóntase a Arte Rupestre do Paleolítico Europeo. Nesa época utilizábanse pigmentos puros (coma o carbón vexetal, arxila ou xeso, entre outros) e aglutinantes.

Aplicábase nas paredes das covas e abrigos coa técnica das veladuras transparentes. Hoxe en día, eses mesmos pigmentos con auga e aglutinante píntanse  sobre papel. Por esta estreita relación, en A Moura Galaica cremos que a acuarela é a arte máis ancestral, sendo a Pintura Rupestre unha técnica rudimentaria que, co devir dos séculos e o achegamento das novas tecnoloxías, derivou no médio pictórico que hoxe coñecemos como a Acuarela. 

En A Moura Galaica inspirámonos nos motivos e temáticas que trata a Arte Rupestre Galaica (como espirais, cérvidos, cazoliñas…) por estar estrictamente vencellados á Mitoloxía, a nosa Cultura e Cosmovisión. 

Silvia Sancho, a ilustradora da marca oficial, elexiu este modo de comunicarse cos galegos e galegas porque o seu tema principal é Galicia. Ela convén que, para representar a cultura dunha terra máxica rodeada de montañas e do Océano Atlántico e sendo a “Terra dos mil ríos” como ben apuntou Álvaro Cunqueiro, non podía traballar con outra técnica máis acuática e terrosa como a acuarela. Por iso apostamos por esta técnica para dar vida á nosa rica e antiquísima tradición oral. 

Asi mesmo, queremos lembrarvos que non utilizamos ferramentas dixitais para pintar as nosas creacións, porque convimos que mais que nunca agora é cando temos que valorar o artesanal, o orixinal e o 100% galego. 

Share:

More Posts

Elementor #4217

Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte Rupestre En primavera de 2025 publicamos varias entradas neste blogue sobre petróglifos: características formais, titoriais

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Previous slide
Next slide
0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop