Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra

A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da Mitoloxía de Galicia en Xapón.

Foi na Universidade Politécnica de Tokio  cando, na súa tese de Mestrado de Manga, onde pretendía facer un Camiño Lendario alternativo ao Camiño de Santiago e inspirada polo gran movemento de Turismo de Peregrinación a Lugares Sagrados a partir de anime/manga de Xapón, decidiu referirse aos sitios máxicos vencellados á Mitoloxía de Galicia co nome de “LUGARES SAGRADOS DA MITOLOXÍA GALEGA”.

Estas xeografías mitolóxicas son o emprazamento das Lendas Galegas máis ancestrais da nosa antiga Historia Sagrada dende os albores do tempo.

Son lugares cunha forza telúrica difícil de explicar que agochan, entre as súas pedras, o segredo da nosa cosmovisión.

É con estas arquitecturas máxicas (dolmenes e castros) e obras de Arte milenarias (gravados rupestres) ás que os anciáns, aínda hoxe se refiren como “Cousas de Mouros”, nas que viven os nosos Seres Mitolóxicos, en especial os Mouros e as Mouras coas que traballamos en prol da nosa cultura e mitoloxía.

Dolmen de Axeitos
Dolmen de Axeitos
Mamoa-do-Rei-scaled
Mamoa do Rei
Cántara da Moura, A Veiga (Ourense) 
Cántara da Moura, A Veiga (Ourense)

Cántara da Moura, A Veiga (Ourense)
A Portalén, Serra do Cando (Pontevedra)

Pedra do Labirinto, Mogor (Pontevedra)

Laxe das Rodas, Muros (A Coruña)
Pena de Rodas, Outeiro de Rei (Lugo)
Pena de Rodas, Outeiro de Rei (Lugo)

Mostrámosvos algúns Lugares Sagrados de xeito icónico que representou Silvia Sancho Gómez. Tamén amosamos o seu emprazamento xeral porque en A Moura Galaica cremos que deben ser posto en valor, difundidos e recoñecidos non só pola UNESCO como Ben de Interese Cultural mais tamén como os monumentos tan ou máis relevantes que a Catedral de Santiago e que debemos apreciar e coidar entre todos. Pois será nese momento cando realmente entendamos o poder que temos como pobo, o Pobo Galaico

Na seguinte entrada, imos definir a qué nos referimos con Turismo de Contidos e qué parte dese gran movemento social escolleu Silvia para artellar o aporte de difusión da Mitoloxía Galega e como isto inflúe na revitalización do noso país. 

i

Share:

More Posts

0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop