Sobre o Proxecto

Galiza de lenda

Galiza é unha terra máxica repleta de ritos, tradicións que aínda previren no imaxinario colectivo galaico. É terra de Mouras onde a diferencia entre Historia e lenda desvanece-se na bruma das nosas fragas. O noso Patrimonio Cultural (Material e Inmaterial) é un dos mais ricos do mundo. Porén, este é descoñecido para a maior parte da poboación galega actual.Os Mouros como o resto dos Seres Mitolóxicos e os Lugares Sagrados onde habitan como castros, dolmenes ou petróglifos están ao fío da desaparición.

Antigamente, as historias lendarias contábanse de avós a netos ao redor da lareira nas noites mais frías do inverno en todas as aldeas da xeografía galega. Sen embargo, o século XIX coa Revolución Industrial trouxo consigo a mudanza de vida das aldeas ás cidades e iso contou a cadea de transmisión oral das lendas e mitos na Galiza. Hoxe en día, os xoves e miúdos entretéñense en internet con series e videoxogos de historias e heroes foráneos.

Lugares sagrados de Galiza: a inspiración xaponesa

Para rescatar a Historia Sagrada da sabedoría ancestral dos nosos avós, se fixeran desde principios do século XIX importantes labores etnográficas de recolecta de lendas e mitos de tradición oral no noso país que se plasmaron en libros e teses. Este tipo de traballos, a pesar de ser necesarios, non conectan co gran público e coa sociedade do século XXI que cada vez é máis visual e gráfica. Por iso, en A Moura Galaica creemos que é preciso modernizar o paradigma de transmisión da nosa Mitoloxía representando os nosos seres mitolóxicos e as nosas lendas graficamente, é dicir, debuxa-los e pintalos cos nosos códigos visuais propiamente galegos.Así, presentando ilustracións de xeito atraente estaremos conectando co público das novas xeracións, como antano eran os principais receptores destas historias. Estaremos presentando, preservando e divulgando a nosa cultura mitolóxica a través de imaxes que son a linguaxe universal.

Con isto, en AMGa pretendemos dinamizar e revitalizar a Mitoloxía Galega inspirada no fenómeno cultural do アニメの聖地巡礼, en galego, Peregrinación dos Lugares Sagrados de Xapón. Este fenómeno afonde as súas raíces no antigo Xapón e trata-se de visitar a diario templos xintoístas e árbores milenarias, entre outros lugares de culto, en relación coa súa cosmovisión e crenzas.

En tempos actuais, debuxantes e editores de manga, o medio de comunicación por antonomasia de Xapón, crean historias e tramas ao redor destes sitios máxicos, que eles denominan como Lugares Sagrados. Os lectores, atraídos por estas historias, visitan estes enclaves patrimoniais peregrinando por tódolos escenarios da produción audiovisual (anime) ou da banda deseñada (manga) para revivir esas emocións e con interese de coñecer lugares de interese cultural, artístico, arqueolóxico e histórico. Os departamentos, oficinas e administracións públicas de Turismo e Cultura, incluso colaborando con Universidades de todos os ámbitos, colaboran para crear una estratexia turística que faga destas peregrinacións toda unha experiencia. Así, os xaponeses dinamizan as diferentes áreas de Xapón.

Eu prometinme facer o mesmo na Galiza.

Na miña experiencia vivindo en Xapón chamou-me a atención o ben coidados, sinalizados e dinamizados que están os seus enclaves patrimoniais.
Pensei que a pesar de que Galiza ten tanto material folclórico como Xapón, a verdade é que presenta aínda algunhas problemáticas como: Os lugares – escenario das lendas – Lugares Sagrados – non acaban de poñerse en valor e adoitan asociarse a unha fonte de recursos naturais a extraer sen entender o seu valor cultural que nos define como pobo.

Así mesmo, ignórase o seu potencial, tamén económico, que podería aproveitarse sen danar o medio ambiente e facer da Galiza un país rico como era nun pasado.

Obxectivos do proxecto

Por iso a nosa escondida cultura tórnase un diamante un bruto que con A Moura Galaica queremos expoñer a plena luz. Deste xeito, insistimos no noso proxecto para que a Cultura de Galicia non só se monopolice no Camiño de Santiago, mais se pluralice en todo o noso rico Patrimonio que fala dun país distinto cun clima determinado co seu encanto singular.

Como obxectivo, pretendemos que cando adquiras unha obra de AMG poidas lembrar a túa orixe cando viaxes, mostrar con orgullo aos teus amigos a cultura de onde ves e contar ao mundo sobre a maxia da nosa terra. Ademais, deveceriamos se sentises esa forza ancestral que nos fai país, que visites estes lugares con respecto e admiración que merecen así como crear un movemento similar ao xaponés co que un día poderemos facer un Turismo Sostible e respectuoso que nos leve ás nosas raíces míticas.

0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop