Nuestro proyecto
Dende pequena fascínanme as Lendas e os Mitos.
Pasei horas debuxando Seres Mitolóxicos inspirados nesas historias e alimentados pola miña imaxinación.
De moi nova, decidín comezar os meus estudos de Arte, e pronto comecei a licencenciatura en Belas Artes en Salamanca e Venezia (Italia) onde me especialicei en Ilustración e Audiovisuais.
Nestes anos, vivín noutros países de Europa e dos EEUU.
Finalmente, atraída polo seu folclore e lingua, decidín mudarme a Xapón.
Vivindo na cidade imperial, Kioto, chamoume a atención como coidaban e daban valor aos seus enclaves patrimoniais. Tamén me decatei de que Galicia tiña un Patrimonio Cultural e un Folclore tan rico como o de Xapón. Prometinme facer o mesmo por Galiza
En 2 anos, acadei o nivel avanzado de lingua xaponesa e presentei un Proxecto ao Goberno xaponés, chamado Lendas do País do Sol Poñente 夕日の国の伝説
, o que me concedeu unha prestixiosa beca para ser estudante investigadora na Universidade Politécnica de Tokio 東京工芸大学
no Departamento de Manga 漫画学科
para levar a cabo un Proxecto para mellorar as Lendas e Mitos da Tradición Oral de Galicia.
Durante 3 anos investiguei en Mitoloxía, Antropoloxía, Etnografía, Historia e Arqueoloxía de Galicia para difundila na Universidade e en Actos Culturais en Xapón.
Despois de acceder aos Estudos de Posgrado cun novo Proxecto de Folclore Comparado entre Xapón e Galicia, con só unha praza dispoñible, competindo contra milleiros de debuxantes de manga asiáticos, decidín deixa-la miña vida en Xapón por volver a Galicia e comezar o meu Proxecto vital na miña terra: A Moura Galaica · Creative Galician Folklore para lutar polo meu soño de que a Mitoloxía de Galicia sexa coñecida no mundo enteiro.