Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte RupestreA nena de cabelo turquesa

Da colección de moda ás historias máxicas dunha nena 🌀

No post anterior contábavos como a miña vida deu un xiro de 360º ao mudarme á “Casa das Lendas” e como a miña personaxe, Moura, se materializou ante min a través dun boneco de fieltro.

Pero o que non vos contei foi como apareceu a nena de cabelo turquesa baixo o meu lapis e como isto mudou o meu traballo artístico dun xeito que nunca imaxinara.

A miña intención inicial, como moitos sabedes, era puramente estética: crear unha colección de roupa ilustrada inspirada nos nosos petróglifos, con cores vibrantes e alegres propias da primavera e o verán. Quería que leváramos a Arqueoloxía Galega no noso día a día dun xeito creativo, que fixese á xente pensar: “A Arqueoloxía non son só pedras antigas, senón algo que nos define como pobo e que mola!”

Pero a Arte ten plans propios que escapan ao control da artista.

O cruceiro de camiños

Das dez ilustracións que tiña planeadas para esta colección, só cheguei a dúas. Ambas naceron da Laxe das Lebres de Poio, un panel pétreo con, polo menos, 42 figuras de cervos que sempre me fascinou. Aquí vos mostro as escenas que elixín e a miña interpretación creativa:

Se queres ver a segunda ilustración, aínda inédita, preme aquí!

Mentres traballaba nelas, sentín que ambas as dúas ilustracións non eran só deseños para camisetas; comezaban a contar unha historia que eu sentía que xa existía. Na primeira contaba a historia do cervo vaidoso e na segunda, a de dous amigos cervos mirando o luar.

Sen poder evitalo, comecei a ter ideas fixas sobre esta pequena historia. E, dándolle voltas á lúa e aos cervos, apareceu unha personaxe nova baixo o meu lapis: unha nena sentada nun penedo fronte ao Monte Tomba, mirando á lúa cos cervos que saían das pedras para acompañala a casa antes do amencer.

Aquí podedes ver este mini conto ilustrado:

Máis que un conto: unha colaboración máxica

Eu non tiña nin idea do que estaba a ocorrer. Din que aos escritores lles pasa a miúdo: as personaxes teñen vida propia. Comecei a facerlle preguntas a esa nena: “¿Quen es? ¿Por que saíron os cervos das pedras?”. Pero ela, ao principio, agochouse de min.

Tiven que gañar a súa confianza amosándolle o meu mundo, contándolle que o que máis me gusta é pintar e debuxar. Abriu os ollos coma pratos, pois ela tamén se divertía creando mundos novos baixo os seus lapis de cores.

Entón, retoume: “Antes de que te diga o meu nome… rétote a que adiviñes como son eu, de que cor teño o cabelo e que roupa me gusta levar”.

Primero fixen estudos de cor de verán coas tonalidades que tiña en mente.

Logo, fixen estudos máis detallados: “¿Que cores lle gustan a esta nena?”. Incluso fun a unha tenda local de roupa de nenos de Pontevedra para buscar inspiración sobre moda infantil e atopar o estilo que puidese encaixar con ela.

En total fixen 3 intentos de retratos dela:

Na primeira versión, xa me dixo que acertei co da libreta, porque ela sempre levaba unha para debuxar.

Na segunda versión, díxome que ía por bo camiño, que esa roupa era máis do seu estilo.

oa terceira, felicitoume entre risas e abraios e confesoume que si, que era moi parecida a ela, e que o seu nome era Moura.

Despois, púxose seria:

A misión de Moura

Sincerouse comigo e dixo algo co que quedei xeada:

“Silvia… necesito contarte a miña historia. Os adultos nunca me crerían. Necesito que os convenzas coas túas pinturas… do que está a acontecer no noso país”.

Nese momento comprendín que o meu traballo en Campo Lameiro cambiara de rumbo. Xa non se trataba de estética ou de facer cousas “bonitas”, senón de testemuño. Moura confiou en min para ser a súa tradutora visual.

Nas próximas entradas, aos poucos, ireivos facendo partícipes do seu mundo…

¿Estades listos para volver mirar o que antes vos era invisible?

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Previous slide
Next slide
2
    2
    Your Cart
    Laxe das Lebres - Póster Papel Xaponés
    Laxe das Lebres - Póster Papel Xaponés
    1 X 35,00  = 35,00 
    Laxe das Lebres - Cunca negra brillante
    Laxe das Lebres - Cunca negra brillante
    1 X 14,50  = 14,50