A arte da acuarela (do latín aqua : agua) remóntase a Arte Rupestre do Paleolítico Europeo. Nesa época utilizábanse pigmentos puros (coma o carbón vexetal, arxila ou xeso, entre outros) e aglutinantes.
Aplicábase nas paredes das covas e abrigos coa técnica das veladuras transparentes. Hoxe en día, eses mesmos pigmentos con auga e aglutinante píntanse sobre papel. Por esta estreita relación, en A Moura Galaica cremos que a acuarela é a arte máis ancestral, sendo a Pintura Rupestre unha técnica rudimentaria que, co devir dos séculos e o achegamento das novas tecnoloxías, derivou no médio pictórico que hoxe coñecemos como a Acuarela.
En A Moura Galaica inspirámonos nos motivos e temáticas que trata a Arte Rupestre Galaica (como espirais, cérvidos, cazoliñas…) por estar estrictamente vencellados á Mitoloxía, a nosa Cultura e Cosmovisión.
Silvia Sancho, a ilustradora da marca oficial, elexiu este modo de comunicarse cos galegos e galegas porque o seu tema principal é Galicia. Ela convén que, para representar a cultura dunha terra máxica rodeada de montañas e do Océano Atlántico e sendo a “Terra dos mil ríos” como ben apuntou Álvaro Cunqueiro, non podía traballar con outra técnica máis acuática e terrosa como a acuarela. Por iso apostamos por esta técnica para dar vida á nosa rica e antiquísima tradición oral.
Asi mesmo, queremos lembrarvos que non utilizamos ferramentas dixitais para pintar as nosas creacións, porque convimos que mais que nunca agora é cando temos que valorar o artesanal, o orixinal e o 100% galego.















