CARACTERÍSTICAS FORMAIS DA ARTE RUPESTRE GALAICA

Nesta entrada vouvos introducir formalmente un dos lugares sagrados da nosa mitoloxía: como son os petróglifos.

Nesta entrada vouvos introducir formalmente un dos lugares sagrados da nosa mitoloxía: como son os petróglifos.

  1. DEFINICIÓN : Son conxuntos de gravados en pedra ao ceo aberto comunmente coñecidos como petróglifos.
  2. CRONOLOXÍA : A meirande parte dos investigadores sitúaos na Idade do Bronce, mais outros reducen este amplo espazo temporal á transición entre os milenios III e II antes da nosa era. É dicir, entre o Megalitismo e a Era da Metalurxia
  3. CONTEXTO SOCIO-CULTURAL : Existe ao longo do milenio III unha evolución dos sistemas agrícolas o que leva consigo o inicio de certo proceso de sedentarismo e o incremento da poboación e polo tanto desenvolvemento da complexidade social das comunidades campesiñas. 
  • CARACTERÍSTICAS PLÁSTICAS DOS GRAVADOS RUPESTRES :

4.1. Materiais: Facían o boceto na pedra granítica cun carboncillo para comenzar a tallar con outra pedra máis dura (cuarzo, pelouro, seixo…) 

4.2. Técnica : Percusión en baixo releve co que golpeaban para gravar o deseño provocando unha impresión profunda na pedra. 

4.3. Temática: 

  • Deseños xeométricos: como puntos, cazoletas, deseños circulares, espirais, paletas, esvásticas, trisqueis… forman parte dos gravados mais numerosos e dispersos dos gravado rupestres. 
  • Deseños figurativos

                                Zoomorfo: cervos, cabalos e unha ducia de serpes. 

  • O cervo é o animal totémico e selo gráfico que diferenciaba a Arte Rupestre Galaica das demais tradicións semellantes da cornisa atlántica. Debía ocupar un lugar relevante na cosmovisión das comunidades galaicas pois non só era representado nas gravuras en esceas cotiás (caza, berrea, apareamento…) mais tamén aparecía rodeado de elementos xeométricos o que lle confería un carácter máxico. 
  •  

                               Antropomorfo

  • Figuras humanas 
  • Figuras estilizadas: posiblemente sexan representacións de divinidades locai
  • Ídolo-cilindro. (vencellados ao mundo da ultratumba pola súa reiterada aparición en contextos funerarios nos primeiros tempos da Metalurxia. 

4.4. Características gráficas

  • Hai indicios de composición e perspectiva nestes deseños. 
  • Representación do movemento: Poden ser de dous tipos: 
  • Estáticos: representados por 2 liñas básicas
  • A galope: nos que se representa o rabo e a cornamenta de fronte, que é característico da Arte Primitiva. 
  • Correntes artísticas: dentro das Rías Baixas existen estilos gráficos diferenciados localmente en relación coa representación dos cérvidos: 
  • Ría de Arousa: Son estáticos, de pescozo grande e desproporcional ao corpo. Os pares de patas apareceden representados con 3 trazos paralelos. 
  • Sudoeste da Provincia de Pontevedra: Son máis pequenos e máis esquemáticos. 
  • Comarca de Pontecaldelas (Tourón): As patas as gravan en forma de arco como recurso gráfico diferenciador. 
  1. EMPRAZAMENTO

5.1. Distribución xeográfica: Os gravados rupestres galaicos se atopan no territorio galaico co epicentro nas Rías Baixas (coincidente cas terras do Val medio do Río Lérez e arredores da Ría de Arousa, Pontevedra e Vigo), a medida que se van afastando, vanse paulatinamente dispersando e van perdendo a súa riqueza temática cara o interior e de norte a sur. 

  • O territorio galaico Emprázase dende o litoral a unha liña teórica que enlaza, 

Diferénciase do resto da península polas 3 representacións culturais propias do seu mundo: 

  • Megalitismo Galaico
  • Arte Rupestre Galaica 
  • Mundo Castrexo 

5.2. Relación coa paisaxe. As gravuras en pedra forman un biotopo inseparable coa paisaxe nas que foron creadas, é dicir, forman unha unidade paisaxe-petróglifo que non pode ser separada.

Se aproveitaban os outeiros que se erguen en solos pobres con puntos de auga que, a súa vez, crean un hábitat concreto para a fauna local. 

Daquela as temperaturas eran medias, as precipitacións menos comúns que hoxe en día, os matos e o clima eran diferentes. Poden aparecer de dous xeitos na paisaxe: 

  • Agochados nas ladeiras do outeiro ou en superficies chás rodeadas de matos. 
  • Visiveis a certa distancia en superficies inclinada

Agora que sabemos un pouco máis dunha das manifestacións culturais e artísticas máis representativas de Galicia ao longo dos tempos, na seguinte entrada imos profundizar un pouco sobre a súa funcionalidade e, despois, sobre a súa relación coa mitoloxía galega. 

 
 
Bocetos para os petróglifos
Bocetos para os petróglifos
Bocetos para os petróglifos
Bocetos para os petróglifos
Bocetos para os petróglifos
Previous slide
Next slide

A información teoría deste post é o libro de Petróglifos de Galicia de Antonio de la Peña Santos entre outros 

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop