Dar a coñecer, sen medo, os Lugares Sagrados

En A Moura Galaica é óbvio que non apoiamos nen buscamos o Turismo masificado na Galicia. 

Mais si cremos que debemos dar a coñecer e difundir todo o posible os nosos Lugares Sagrados  pois só asi poderían ser coidados e valorados como unha mostra do noso legado cultural, segundo A Moura Galaica, máis relevante é representativo da nosa terra.

Malia que algúns galegos e galegas gardan con receo o emprazamento destes lugares, en A Moura Galaica cremos que deben ser máis coñecidos e aprezados polo noso pobo.

Queremos crear un movemento de concienciación e valoración da nosa idiosincrasia cultural. Pois estamos ante verdadeiras obras de Arte nos nosos bosques, entre os penedos e baixo as fervenzas que deben ser atendidas.

Hoxe en dia, non é extrano que mesmo nós, os galaicos, non nos demos conta do valor que teñen estes lugares ou que simplemente os desconezamos.

Por iso, pensamos que entre todos os que lutan por visualizar a nosa cultura milenaria e A Moura Galaica, estamos facendo unha grande labor em prol da nosa Mitoloxía.

Pois Galícia ten unha Mitoloxía que ainda hoxe en dia está viva e é mói rica. Non ten nada que envexar doutras culturas milenarias.

Sen embargo, fanse obras urbanas nos montes danando os nosos gravados rupestres, plántanse máis eucaliptos en zonas sagradas de flora e fauna autóctona, bótase lixo e faise botellón nos castros… destrúese á nosa cultura!!

Noticias relacionadas:

Vandalos destrozan dos petroglifos Campo Lmeiro

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/03/23/vandalos-destrozan-dos-petroglifos-campo-lameiro-remarcandolos-piedras/00031616519255210357318.htm

Eólicos sobre petroglifos: los hallazgos de los vecinos en un monte de Pontevedra obligan a parar en parte un parque

https://www.eldiario.es/galicia/eolicos-petroglifos-hallazgos-vecinos-monte-pontevedra-obligan-parar-obras-parque_1_10258624.html

Só podemos amar aquelo que coñecemos. Por iso en A Moura Galaica queremos que formes parte da nosa comunidade de amantes da nosa propia cultura. Queremos facer país entre todos e estamos abertos a ideas e suxestións para chegar a este obxetivo.

Queres contarnos unha lenda da túa parroquia é que nós a representemos?

Contacta directamente con nós neste formulario de abaixo. Moitas grazas por colaborar co noso proxecto! ♡

    Share:

    More Posts

    Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

    Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

    1
      1
      Your Cart
      Laxe das Lebres - Póster Papel Xaponés
      Laxe das Lebres - Póster Papel Xaponés
      1 X 35,00  = 35,00