Tutorial: COMO CREAR A TEXTURA DA PEDRA DOS PETRÓGLIFOS

COMO CREALA TEXTURA DA PEDRA DOS PETRÓGLIFOS EN ACUARELA

No anterior artigo falábamos de repetila obra final da Moura-serpe na Pedra dos Mouros dos Petróglifos de Mogor por motivos gráficos.

Decidín estudalas diferentes partes da ilustración (ceo e mar ao fondo, árbores no medio plano, e rocha coas gravuras en pedra e a Moura en primeiro plano) para, despois, unir tódolos coñecementos adquiridos nestas probas nunha obra final que, desta vez, funcione visualmente.

A parte coa que quixen comezar foi a textura da pedra dos gravados rupestres.

Pois penso que aprender a pintar a rocha é aprender a representar o elemento primordial, xunto coa auga, que vertebra de toda a mitoloxía galega coa que traballamos en A Moura Galaica.

Pois, como ilustradora, vin que se representaban os gravados rupestres con traballo de liña, é dicir, só a representación lineal do debuxo do petróglifo, pero non a rocha nin tampouco á contorna da gravura que sería toda esa natureza autóctona, fauna e flora, indisoluble da ecuación petróglifo-rocha-paisaxe galaica.

Pois niso vamos a centrarnos neste post a modo de tutorial de como creala textura da pedra e o efecto do petróglifo en acuarela.

Primeiro fixen un estudio do valor tonal en tinta china.

O que me permite facer un estudio das técnicas á auga mentres sitúo as luces e sombras na composición.

Os pasos que seguín foron os seguintes:

  1. Primeiro debuxei a rocha cos gravados rupestres traballando coa liña e estudando as luces e sombras da imaxe.
  2. Apliquei líquido enmascarador nas áreas onde quero reservar o branco, para deixar as partes con luz brancas.
  3. Mesturei tinta china con un pouco de auga, quería que a solución fose o mais pigmentada posible pero paseime coa tinta e resultou nunha solución moi similar á tinta china pura.
  4. Esquecinme de aplicar primeiro unha capa de auga para que a solución pigmentada de tinta non se pegase moito ó papel. Foi un erro.
  5. Apliquei o lavado en seco da solución de tinta china case pura e o erro resultou nunha capa que cubriu por completo o deseño, so deixando as zonas que preservou o líquido enmascarador.
  6. Como non aplicara unha capa previamente de auga e a solución de tinta china case era pura se impregnou o papel moi rápido sen darme a oportunidade de rascar cunha espátula e crear o efecto da textura da pedra, que era o estudio que quería facer desde un principio.

O resultado foi unha imaxe en branco e negro sen profundidade e sen o resto dos valores intermedios. A que vedes aquí abaixo.

Decidín, polo tanto, volver a intentalo desta vez con acuarela, pois non é tan cubrinte como a tinta china. Tamén tomei a decisión de botar o líquido enmascador na propia rocha cunha esponlla, o que tamén axudaría coa textura da pedra que estaba buscando conseguir.

Os pasos para a seguinte ilustración son os seguintes:

1.     Apliquei desta volta auga ao principio.

2.     Botei unhas gotas de auga a solución en acuarela de unha paleta reducida que creei con marróns e azuis.

3.     Pintei azul ao redor da pedra primeiro e logo aos marróns da pedra.

4.     Tiña o problema de que o azul, como a táboa onde coloquei o papel de acuarela está inclinada, caia cara abaixo da folla e tiven de secar un pouco as zonas da pedra para que non se correse mais a cor azul cara abaixo e desmontara a composición rocha-fondo.

5.     Deixei secar un pouco.

6.     Coa espátula tentei crear ese efecto da pedra na área da rocha.

7.     Aínda coa pedra mollada, decidín crear as zonas de sombra dos petróglifos cun pincel coa técnica húmido sobre húmido para non crear bordes duros.

O resultado foi o seguinte:

Entendí que non fixera probas de cor nunha folla de acuarela a parte, para ver se os pigmentos estaban o suficientemente pigmentados. Sen embargo, gustoume o de botar unha capa de auga o principio como primeiro paso e xogar cos azuis e marróns da pedra-fondo.

A miña conclusión foron de xuntar os acertos da primeira obra de valores tonais e da segunda obra en acuarela, tentando non cometer os erros que me deran a experiencia de creación dos dous traballos anteriores.

Os pasos que seguín son os que veñen a continuación:

1.     Debuxei a pedra cos gravados rupestres fixándome nas zonas de luces e sombras.

2.     Botei líquido enmascarador cun pincel danado nas follas das plantas e nas áreas de luces dos petróglifos.

3.     Tamén, cunha esponlla, botei líquido enmascador na rocha para acentuar ese efecto da textura da pedra.

4.     Agardei a que secara uns 15 minutos.

5.     Apliquei unha capa de auga e antes de que secara, pero agardando uns segundos, botei o marrón na pedra e logo o azul no fondo cando xa estaba un pouco mais seco probando antes como pintaban as cores nun cacho de folla de acuarela aparte.

6.     Agardei a que se fora o brillo da humidade da folla de acuarela e paseille rascando un pouco cunha espátula para comezar creando esa textura gastada da pedra.

7.     Fun creando sombras en húmido sobre húmido nas gravuras e na pedra nas zonas de sombras.

8.     Agardei a que secara completamente.

9.     Retiro o líquido enmascarador cunha goma especial para esta operación.

10.  Cun cacho de esponlla aplico outra vez marrón con un pouco de sienna natural á rocha para acentuar ainda mais ese efecto pedra.

11.  Aplico máis azul no fondo e nas sombras dos petróglifos unha vez que retirei o líquido enmascarador.

12.  Pintei o verde das plantas.

En conclusión, quedou, mais ou menos, plasmado como tiña na cabeza que eu quería aprender a pintar un petróglifo galaico.

Espero que vos guste esta entrada e para o seguinte post vamos aprender sobre as características formais dos petróglifos galegos para logo introducilas nosas teorías sobre a funcionalidade  desta manifestación artística galega. Vos deixo aquí abaixo os videos que subí á miña canle de Youtube onde podedes ve-los pasos exactos que di para crear estas obras. 

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

1
    1
    Your Cart
    Chan de Arquiña - Póster
    Chan de Arquiña - Póster
    1 X 15,95  = 15,95