IA e a Cultura Galega

A intelixencia artificial non é ningunha novidade, cada vez oímos máis falar dela, incluso pode que a utilizaras para algo por curiosidade ou porque consideraches que facilitaría algún aspecto da túa vida.

Parece maligno mais despois de todo, así foran tódolos cambios a nivel industrial na nosa sociedade e temos aprendido a evolucionar con eles. Esta non será a excepción… ¿ou si?

Que o fai tan malvado que artistas de todo o mundo o tachan e enchen as redes sociais de mensaxes de protesta contra este novo (e aparente) avance tecnolóxico? Qué implicación ten para a Cultura Galega, concretamente? 

No artigo de hoxe, queremos expoñer e argumentar as razóns polas cales o equipo de A Moura Galaica se opón ao uso desconsiderado de imaxes que foran orixinariamente creadas por artistas, e explicar cales son as consecuencias da ecuación IA-Cultura Galega. 

Púxose de moda converter a túa foto ao estilo gráfico do estudio Ghibli, coa ferramenta Chat GPT e non te culpamos. De feito, estamos de acordo en que mola moito ver as túas fotos como se foran debuxadas co estilo dunha ilustración xaponesa de anime e a un só click, sen contratar a ninguén, nen tomarte o traballo de aprender a facelo por ti mesmo. Non obstante, parámonos a pensar que este xeito de debuxar e pintar,  leváralle ao director Hayao Miyazaki toda unha vida de traballo? Entendemos que usar a ferramenta dixital do deaño para facer esta falcatruada é ser complice dun crime de vulneración dos dereitos de imaxe dunha persoa e todo o seu equipo? 

Xa que logo, fica claro que isto é inmoral e que debería ser ilegal. Non podemos actuar impasibles ante este monstruo, pois temos o poder de mudar as cousas. Tampouco debemos de ser partícipes deste xogo que, parece divertido, pero é a costa de roubarlle a visión, o talento, o esforzo e o medio de vida dos integrantes da comunidade artística. 

Estamos ante, non só a vulneración de dereitos de imaxe da comunidade de artistas, se non, ante una apropiación gráfica e gratuíta que deberia ser ilegalizada e reglamentada xa. Non porque a producción de imaxes agora esté ao alcance de todos, senon porque estas imaxes créanse baixo unha premisa mezquina: sen esforzo, sen traballo, sen reparo ou consideración… sen alma.

En A Moura Galaica cremos que non hay marcha atrás coa intelixencia artificial. 

Efectivamente, non podemos des-alimentar do traballo gráfico de persoas de carne e oso co que nutriran ás maquinas todo este tempo, mais sí podemos medir cáles son os nosos pasos cara o futuro. Pois estamos no punto exacto no que podemos tomar unha decisión, antes de que sexa demasiado tarde. Cremos, tamén, así como o defenden persoas do noso ámbito, que o xusto sería remunerar económicamente a este estudio de Arte, así como a nos, pola apropiación e polos inconvenintes. E isto é aínda posible. 

Si, é competencia do gremio de artistas congregarse e defender os nosos dereitos, mais tamén é necesario un apoio do resto da sociedade quen cremos que sabe o valor da creación humana. 

En A Moura Galaica, entristécemos ver como algúns galegos e galegas, usan esta tecnoloxía sen alma para representar as lendas galegas, os seres mitolóxicos e os lugares sagrados da nosa mitoloxía. É a isto ao que imos chegar? 

Non existe unha tradición visual e gráfica para a nosa tradición oral que conte a nosa idiosincrasia cultural en imaxes e, en vez de confiar nos nosos artistas locais,… lle deixamos ese traballo creativo ás máquinas? 

Qué fai iso da nosa cultura? 

Segue a ser Cultura Galega? 

En A Moura Galaica, máis que nunca, queremos manifestar que seguiremos esforzándonos por crear unha cultura visual e gráfica inspirada na nosa rica tradición. 

No noso xuramento, queremos explicar que, ademáis, utilizamos para este menester a ancestral técnica pictórica da acuarela. Pois é un medio sinxelo e puro, feito de pigmento, auga e misturado con aglutinante que, pensamos, reflexa a maxia da nosa terra. 

Agardemos que coa facilidade e rapidez que nestes tempos que corren todo o mundo se fai artista, lle demos máis valor as cousas feitas á man… e con corazón. 

Moitas grazas por apoiar á nosa iniciativa. 

Neste artigo, acordamos non utilizar ninguna imaxe, mais que o propio texto, como sinal de loito pola valoración da creación humana. 

 

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop