Como falábamos no anterior artigo, na Galicia non existe una tradición visual para representar os mitos e lendas de tradición oral que foran contados de xeración en xeración de avós a netos nas frías noites do inverno ao calor la lareira nas casas das aldeas galegas.
O século XX, coa Revolución Industrial, obligou aos xoves galegos e galegas mudar cara á costa e deixar os pobos case valeiros, e ese costume de narrar as historias máxicas contouse.
Co século XIX, aparece unha sociedade cada vez máis visual, como sinala o teórico do 9º Arte, Steve McCloud no seu libro “Entender o cómic”.
Esta inminente necesidade de volver á nosa Historia Sagrada (á Mitoloxía Galega) dende un novo paradigma de comunicación, a visual e gráfica, fai-se necesario cara a transmisión da nosa ancestral cultura ás novas xeracións antes de que se perda para sempre.
Hoxe en día, as historias cóntase con imaxes a través de redes sociais, revistas, fanzines, libros ilustrados…etc, e por iso, en A Moura Galaica cremos que temos a responsabilidade, como artistas do século XXI, de traducir á nosa Cultura Oral en Visual.
Ben é certo que algúns artistas e estudiosos da Cultura Galega tentaron representar actualmente o noso folclore a través de imaxes tanto en banda ilustrada como libros ilustrados e ilustracións en xogos de cartas, por exemplo.
Entendemos que esta necesidade de crear Arte a partir do noso Patrimonio Cultural é de interese común e debería ser un deber a cumplir na nosa era polo gremio de artistas, sobre todo agora, cando estudiosos da nosa cultura fan uso das IA para representar o noso pasado mítico e, con iso, estragar o legado visual galego.
En A Moura Galaica consideramos que para este menester cómpre ter en conta o seguinte aspecto: debemos contar con nosos signos e símbolos da idiosincrasia gráfica galega, e non deixarnos contaminar polos estilos de outras culturas. Facer país significa beber do pasado común mentres creamos algo orixinal.
É dicir, en A Moura Galaica, entristécenos ver cómo o Trasno Galego é representado actualmente como o gnomo alemán: con sombreiro de punta vermello ou verde, con calcetíns de cores e con zapatillas estilo babuchas. Tamén se repite o nariz prominente e puntiagudo así como as orellas de elfo.
Tamén convimos que, por desgracia, as nosas Mouras non debería solucionarse gráficamente copiando aos elfos do Señor dos Aneis, coas orellas antes nomeadas e a túnica de chamán celta coas mangas anchas nos puños ou ás Vestales Romanas con coroa de flores, traxe branco de estilo clásico e sandalias a xogo.
Así mesmo, deberíamos darlle unha volta de folla á representación das nosas Meigas: sempre representadas con esas narices lungas, co sombreiro negro de punta dobrada e coa vasoira que estamos cansos de ollar por tódolas tendas de souvenirs de Santiago de Compostela ou Pontevedra.
Cremos que é hora de investigar realmente cales son os retazos da nosa Cultura Visual para proceder á creación dunha linguaxe gráfica propiamente galega!
Nos, en A Moura Galaica aínda estamos na procura de atopar ese estilo gráfico 100% galego e vos mostramos algúns bocetos dos seres mitolóxicos que estamos creando basándonos na investigación exhaustiva sobre o noso folclore.
Esperamos que vos gusten e se tendes algunha idea ou suxestión nos escribades! ♡
























