En A Moura Galaica, non só creamos roupa, artigos de fogar e accesorios ilustrados, tamén tecemos historias máxicas. Cada deseño é unha homenaxe á riqueza do Patrimonio Cultural de Galicia que está aínda por descubrir e por valorar. Máis que roupa é unha peza de Patrimonio Cultural Ilustrado.
Son aqueles lugares sagrados como dólmenes, castros e petróglifos onde se aparecen as Mouras da mitoloxía galega que cremos que deben ser parte da UNESCO e estar considerados como monumentos artísticos.
Levando unha peza de A Moura Galaica, de moi alta calidade, non só estás levando unha prenda mais estás formando parte deste movemento de posta en valor da nosa cultura ancestral. Levas unha declaración de intencións baseadas nunha identidade galega.
O Patrimonio Galego como Inspiración:
Galicia é unha terra chea de lendas, tradicións, folclore e unha beleza natural que inspira cada unha das nosas creacións.
Dende os motivos dos grabados rupestres galaicos ata os seres mitolóxicos galegos, cada ilustración captura a esencia da nosa cultura.
- Artesanía e Tradición: O nosos deseños inspíranse na artesanía tradicional galega e están feitos a mán coa técnica da acuarela. A razón pola que utilizamos esta técnica pictórica para representar a Cultura Galaica está neste artigo. Con ela, reinterpretamos símbolos e signos ancestrais e os decodificamos nunha linguaxe gráfica contemporánea. É dicir, convertimos o noso legado tradicional a unha nova forma de comunicación gráfica galega: creamos un novo paradigma gráfico na Galicia.
- Natureza e Lugares Sagrados: Os lugares sagrados forman un binomio inseparable coa natureza galega. Por iso a nosa ilustradora fai os estudios de cor tan laboriosamente para capturar as fermosas cores da nosa contorna coma os bosques, as ladeiras, as pozas, as fervenzas… e con isto poder evocar a maxia da que tamén son protagonistas estes lugares de culto da Mitoloxía galega.
- Historias e Lendas: Cada ilustración conta unha historia, que veredes baixo a descrición de cada produto, escrito e ideado por Fernando Sancho, o escritor creativo do equipo. En A Moura Galaica bebemos da Historia Sagrada da nosa Mitoloxía e a reinterpretamos con códigos nuevos para crear Arte galega actual.
Máis que unha Compra, unha Experiencia:
Ao elexir unha prenda de A Moura Galaica, non só adquires un obxecto de colección único, senon que te conectas cunha historia e cunha identidade… Te convirtes en Embaixador/a da nosa cultura, levando unha parte da Galicia contigo.
- Deseño Exclusivo e Orixinal: Cada peza ideada, deseñada e creada por Silvia Sancho o que garantiza a súa exclusividade e orixinalidade.
- Producción Sostenible e Responsable: Estamos en constante mellora para lograr unha tendiña ecoamistosa comprometéndonos cunha produción respectuosa co medio ambiente e coas persoas, apoiando a economía local e o consumo consciente.
- Apoyo á Arte e á Cultura Galega: Ao mercar en A Moura Galaica, contribúes á difusión e posta en valor do noso patrimonio cultural, facendoo mais visible para que poida ser valorado como se merece.
Conclusión:
Convídovos a descubrir as diferentes coleccións de A Moura Galaica e a deixarvos cativar pola maxia de Galicia. Cada prenda é unha oportunidade de levar contigo un anaco da nosa historia sagrada, de sentirnos parte da nosa cultura e de apoiar ao noso proxecto en común con vós que celebra e promove a riqueza do noso patrimonio.















