A ¿obra final? da Moura - serpe da Pedra dos Mouros de Mogor
Revisión e reinvención
Hoxe comparto con vós o proceso de reflexión que estou a experimentar con esta obra.
Tras unha revisión profunda sobre a parte gráfica desta ilustración, intuíndo que algo non encaixaba, dedicí que vouna repetir facéndoos partícipes de todo o proceso: desde a ideación e conceptualización ata á derradeira versión.
En específico, entendí que non funcionaban as seguintes partes e velaquí van as posibles solucións:
– A paleta de cores: pois escollí cores outoñales, mais penso que combina mellor unha selección de cores inviernais para trasnmitir esa atmósfera de misterio.
– A iluminación que incide na Moura e na pedra non coinciden polo que decido volver a estudiar a fonte de luz, que sería a lúa.
– O efecto de gravura na pedra dos petróglifos con acuarela que todavía estou en fase de experimentación.
Así e todo, vou comezar a compartir en vindeiras entradas todos os pequenos bosquexos tanto da Moura (anatomía, luz e sombra, forma, trazo…), como as probas a luz para que sexades partícipes do meu proceso creativo.
Non dubidedes en deixarme os vosos comentarios e ideas!
Grazas polo voso apoio e por acompañarme nesta viaxe creativa cara a nosa mitoloxía ilustrada.
No seguinte artigo, veremos o primeiro estudio gráfico para mellorar esta ilustración.















