Que son os petróglifos? (Petróglifos de Mogor)

Que son os petróglifos? Os petróglifos son inscricións en pedra, xeralmente ao aire libre, posiblemente feitas na chamada Idade do Bronce, é dicir, hai uns catro mil anos.

Estas gravuras en pedra pertencen a un grupo denominado Atlántico que se estendeu por toda Galicia e a súa zona de influencia marítima que vai desde Portugal ata o norte de Irlanda. O seu significado pérdese no tempo e nos pensamentos das persoas que os crearon, os antigos galaicos. Estes, posuían un alto nivel de representación técnica expresiva e artística que fai dos petróglifos galaicos un dos patrimonios mais ricos do mundo.

Para o galego de hoxe, estas representacións conviven con naturalidade coa nosa vida cotiá, formando parte das nosas tradicións culturais, mitolóxicas e lendarias.

Nesta entrada imos tentar mostrar os que aparecen en Marín (Pontevedra) pola súa fama e beleza. Alí, preto da praia de Mogor, nunha pequena zona perfectamente sinalizada, conta cun centro de interpretación que confire ao conxunto un alto estado de conservación e respecto por este impresionante legado.

Neste lugar podemos atopar tres fermosas e inquietantes representacións:

A Pedra dos Campiños é a máis enigmática das tres composicións. Os seus gravados están moi desgastados e só se poden observar en condicións especiais de iluminación e desde unha determinada posición. Os seus gravados e sucos circulares e pouco profundos dan nestas condicións unha suxestiva perspectiva do conxunto.

En O Labirinto de Mogor, que está representado nunha rocha de cinco por metro e medio, aparecen amplos e profundos sucos arredor dunha cunca e varios apéndices nunha das súas partes. No resto da rocha hai varios círculos con cazoletas sinxelas. Tamén provoca unha gran expectación ver que todo este traballo pode verse ao aire libre coma se conversase co observador.

A Laxe dos Mouros
A Laxe dos Mouros

En A Laxe dos Mouros, que hai non moitos anos era coñecida como A Laxe da Moura Encantada, hai máis de vinte combinacións con círculos que se unen por liñas curvas, tamén hai un gran número de cazoletas. Así mesmo, aprécianse con claridade dúas combinacións labirínticas, catro círculos sinxelos e o debuxo dun cervo moi desgastado e, polo tanto, pouco visible, o que provoca no conxunto unha aura de misterio.

A equipa de A Moura Galaica traballou e inspirouse neste conxunto arqueolóxico marinense e no seu folclore, acudindo aos libros de texto mais, sobre todo, entrevistando á xente do lugar para crear arte galaica que vos amosaremos en seguintes entradas. Moitas grazas.

 

Centro de interpretación de Mogor
Centro de interpretación de Mogor

 

Boceto Petroglifos Mogor
labirinto de Mogor
labirinto de Mogor

 

 

Obras relacionadas

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop