Titoriais: como pintar petroglifos de xeito realista

Estas semanas estivemos estudando sobre os gravados rupestres galaicos.

Primeiro, vimos unha introdución a como representa-los en acuarela de xeito realista e despois adentarámonos no mundo da investigación dende un punto de vista arqueolóxico.

A semana pasada, a nosa ilustradora, Silvia Sancho Gómez, estivo a afondar na Arte de pintar os gravados en pedra, dándose conta que non había na net ou nos libros dos que ela dispón, información sobre o proceso creativo de como simular o efecto de “petróglifo” a través do medio pictórico da acuarela.

Ao non atopar titoriais en ningures, decidimos crear contido sobre o proceso creativo detallando as técnicas empregadas por medio deste artigo.

Nesta ocasión, traballamos cun petróglifo pontevedrés chamado Laxe das Lebres. 

Decidiu comezar con este, en concreto, por ter, ademais dunha historia fascinante desde o punto de vista arqueolóxico e artístico.

O primeiro traballo:

Foi feito con pincel e, sobre todo, con espunlla.

  • Primeiro, debuxamos o deseño do gravado rupestre cunha liña.
  • Despois, borramos o exceso de grafito coa goma de miolo de pan.
  • Logo, con líquido enmascarador para reservar os brancos, aplicámolo na espunlla e no pincel e deixamos secar. 
  • Unha vez esté completamente seco, collemos de novo a espunlla e imprimimos suavemente no papel con Amarelo de Turner para crear a primeira capa de cor con textura.
  • Cando perda un pouco de brillo, coa técnica de húmido sobre húmido, collemos o pincel e facemos manchiñas na folla coa cor da sombra que, neste caso, é Amarelo de Turner e Marrón Sepia.
  • Unha vez secas as sombras e as luces, decidimos crear un ton medio con marrón, verdes y azuis. Finalmente, a punto de rematar a obra e poder ficar contentos con ela, cometemos o erro de poñer gouache branco na espunlla. E así facer que se perdese toda a definición que tiñamos construído capa tras capa con tanto esforzo.

Mais o bo da acuarela, é que sempre gañas. Pois ou te sae ben ou aprendes algo!

O segundo traballo

  • Decidimos desta volta usar a cera dunha candea e depois de debuxar as liñas que percorren o deseño do petróglifo decidimos aplicar a cera suavemente nas zonas de luz. Xusto aquelas áreas pegadas á incisión da roca onde está o gravado rupestre traballado na pedra. É dicir, que queremos acentuar o contraste entre claro – escuro.
  • Mais tamén neste segundo intento cometemos un erro porque botamos para as zonas escuras a espunlla sen pigmento e moita auga, polas presas, e o resultado foi unha gran marcha grande e plana que non tiña o efecto da textura propio da espunlla.

A terceira proba 

Esta foi, sen dúbida, a mais xeitosa e con ela, concluímos os titoriais de como crear petróglifos en acuarela de xeito realista.

Primeiro, coma sempre, facemos o deseño de liña do gravado rupestre da zona de incisión da pedra. Logo, aplicamos a cera da candea nas zonas mais preto das liñas escuras para crear a claridade.

  • Aplicamos unha capa de auga, e con manchas de Amarelo de Turner, e Amarelo e Marrón Sepia pintamos a primeira capa de pintura. Inmediatamente despois de botar o pigmento, secamos con espunlla limpa para imprimar e crear o efecto de pedra.
  • Seguidamente, mentres a folla de acuarela está aínda húmida aplicamos as sombras xusto no traballo de liña que fixéramos co lapiz. Imos traballando estas zonas escuras capa a capa, a medida que a folla vaise secando.
  • A piques de secarse o papel, cun pincel húmido e pequeno, absorbemos as partes claras do gravado, para crear máis volume.Con esta mistura de zonas claras e escuras creamos o contraste desexado propio dos gravados rupestres en pedra.

E con isto, esperamos que vos inspiredes e creedes os vosos propios petróglifos con acuarela!

Na próxima entrada do blogue ensinarémosvos outro traballo co que abrimos a colección de Primaveira – Serán en A Moura Galaica!

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

0
    0
    Your Cart
    Your cart is emptyReturn to Shop