コンテンツツーリズム “kontetsu tsūrizumu” (Turismo de Contidos)

Imaxe destacada: Por Fg2 de Wikipedia en inglés – Transferido desde en.wikipedia a Commons por Bulwersator usando CommonsHelper., Dominio público, Enlace

Trátase dun termo xaponés que se utiliza para describir un tipo de Turismo que se centra en representar os Lugares Sagrados do Patrimonio Material vencellado ao Patrimonio Inmaterial a través de obras literarias, películas, dramas de televisión, manga, anime e videoxogos.

Este tipo de Turismo Cultural, tamén coñecido como アニメ・マンガの聖地巡礼 “anime/manga no seichijunrei” (Peregrinaxe aos Lugares Sagrados do anime/manga), forma parte do tempo de lecer dos xaponeses.

Consiste en que os lectores e espectadores de アニメ”anime” (película de animación xaponesa) e 漫画 “manga” (banda deseñada xaponesa), embaucados pola trama que discurre ao redor destes Lugares Máxicos vencellados á Cultura Nipona,como Templos Sintoístas ou Castelos da época feudal, visitan estes lugares para rememorar sensacións da obra artística e disfrutar deles.

Estes Roteiros de Peregrinaxe Cultural afonden as súas raíces en roteiros milenarios como o熊野古 “kumanokodo” (Camiño de Kumano). e a actividade de posta en valor e difusión da Mitoloxía Xaponesa que exerce desde hai décadas o Estudio Ghilbli.

Este estudio de animación xaponesa presenta nas súas produccións audiovisuais o rico folclore nipón o que fai conectar non só aos propios xaponeses, mais tamén ao público internacional, coa Mitoloxía Xaponesa dun xeito fermoso e interesante.

Isto ademáis fomenta o respeito, coidado, mantemento e coñecemento dos seus Lugares Sagrados por parte dos cidadáns e das Administracións Públicas

Este movemento social amplificouse e fíxose todo un hito na Historia Nipona a partir do ano 2016, co lanzamento da película de animación “君の名前” “Kimi no na wa” (O teu nome). A partir desta película de animación xaponesa, sucedéronlle outras, polo impacto positivo que tivo a primeira e a repercusión que tivo a nivel económico de todo o país.

É dicir que, ademáis do Turismo, se benefícianse outros eidos.

Algúns dos postos de traballo que se favoreceron son:

  • Hostalería
  • Centros de Interpretación de Patrimonio Cultural
  • Negocios de souvenirs
  • Restauración
  • Artes/artesanías locales
  • Transporte público
  • Empresas de Arqueoloxía, Antropoloxía, Etnografía e Historia

Tal e como nos conta Silvia Sancho na súa longa estancia en Xapón: as Oficinas de Turismo cooperaban con artistas de varias Universidades, como na que estaba ela como Investigadora da Mitoloxía de Galicia, para crear banda deseñada e ilustracións que tiveran como protagonista estes Lugares Sacros e así aumentar as visitas tanto dos propios xaponeses como dos extranxeiros.

Convidámosvos a ler o seguinte post, no que explicaremos con máis detalle como queremos implantar estas técnicas importadas da experiencia vital de Silvia para favorecer á difusión e posta en valor da nosa Mitoloxía.

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

1
    1
    Your Cart
    Laxe das Lebres - Cunca negra brillante
    Laxe das Lebres - Cunca negra brillante
    1 X 14,50  = 14,50