Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte RupestreElementor #4217

Pedra, Lendas e Acuarela: O meu novo fogar na Capital da Arte Rupestre

En primavera de 2025 publicamos varias entradas neste blogue sobre petróglifoscaracterísticas formais, titoriais de pintura e a nosa interpretación artística do petróglifo de “A Laxe das Lebres“.

Contábavos como, despois de visitar en Pontevedra a Área Arqueolóxica de Poio (por tricentésima vez), pasei de estudar sobre arqueoloxía formal dos petróglifos, 

a pintalos en acuarela no meu estudio.

Tamén, inspirada por un colega que me pedía máis cor nos meus deseños, ocorréuseme dar un paso máis aló e crear a personaxe dun cervo que emerxe das augas e que se reflite a sí mesmo mirando á lúa. O cervo de A Laxe das Lebres pero aínda sen nome e sen, prácticamente, historia.

Na verdade, aquela ilustración só pretendía ser a primeira peza para unha colección de roupa ilustrada: un traballo puramente estético que tiña como obcetivo que os galegos e galegas leváramos con orgullo Arqueoloxía Galega no noso día a día, pero que aínda non rematei. (Pero hei de retomar esta serie de ilustracións de petróglifos porque mola moito!) 

Porén, cara o verán, sen eu poder evitalo, aquel cervo colleu vida propia; converteuse aos poucos nunha mini historia ilustrada de dous cervos que miraban á lúa no Monte Tomba. 

Para a miña sorpresa, entrou en escena baixo o meu lapis tamén unha personaxe nova: unha nena chamada Moura que, dalgún xeito —e ata o que sabía nese momento—, ía introducirnos no mundo da Mitoloxía Galega. Comecei a darlle forma e personalidade, pero aínda non sabía cal era o seu papel en todo isto. 

Publiquei estes traballos só en Redes Sociais pero todavía non tiña clara a misión desta nena artista. 

Ademáis estaba metida noutro proxecto vital: decidín continuar o meu percorrido artístico dende outro lugar afastado. Lonxe da cidade, preto da Mitoloxía Galega: no rural galego.

Mais non en calquera sitio. Nin máis nin menos que na Capital da Arte Rupestre: Campo Lameiro! 

Tamén Capital do Turismo Rural en España!

Agora vivo nunha casa de máis de 100 anos, na fronteira entre o presente e un pasado que se nega a ser esquecido. Aquí as lendas galegas non son historias escritas nun libro académico… son algo que se sente nas pedras, na néboa da mañanciña e nos ollos dos animais que cruzan o meu camiño. Por iso decidín chamar ao meu novo fogar “A Casa das Lendas”.

Esta casa ten un aquel máxico que está inspirando toda a miña obra artística. 

De feito, comezáronme a chegar ,desde que me mudei, flashes de escenas da vida de Moura. Comecei a escribir sobre estas historias e todo o que ela me ía contando. Ata que pasou algo moi especial.

E, de súpeto, todo comezou a ter sentido: os cervos, a mitoloxía… ela.

A nena de verdade

Resulta que hai un rapaz de 12 anos que vive na casa do lado (non digo o seu nome por razóns obvias).

Unha tardiña, eu estaba falando cos seus pais, cos que tamén me levo moi ben, e comenteilles que eu era artista. Notei como se lles abrían os ollos: “ti tamén es artista?” —preguntaron. Entón confesáronme que o seu fillo tamén o é.

Dende aquela, o pequeno artesán ensíname as súas creacións: xoguetes, marionetas e bonecos que fai con todo tipo de equipamento, incluída a enxeñaría robótica (sí, é un verdadeiro xenio; non só pola idade, senón porque ten un talento innato).

Entrando en confianza, eu tamén lle ensinei algún dos meus traballos e faleille algo sobre Moura e os cervos. Nunca imaxinei que o día de Nadal me regalaría un boneco orixinal de Moura feito en por el en fieltro! 

E esta é a historia de como Moura, a nena artista, chegaría en persoa a mín para deixarme máis claro que debo contar a súa historia

Co seu permiso, vouvos contar as súas aventuras!

"O aire aquí cheira a pedra antiga. Creo que estou no lugar correcto." —

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Click Here
Previous slide
Next slide
1
    1
    Your Cart
    Laxe das Lebres - Póster Papel Xaponés
    Laxe das Lebres - Póster Papel Xaponés
    1 X 35,00  = 35,00