Laxe das Lebres da idea á ilustración final

A Moura Galaica é un proxecto de investigación sobre a Mitoloxía Galega e de difusión por medio de información concisa e a creatividade. Nesta entrada queremos mostrarvos o proceso creativo e os distintos estadios polos que pasou a ilustración final da Laxe das Lebres.

O primeiro que fixemos foi buscar todo o material etno-arqueolóxico dispoñible. Para iso, ademáis de libros que xa tiñamos connosco desde fai moito tempo, tamén acudimos a servizos dispoñibles aos investigadores/as en Pontevedra como o Arquivo Municipal de Pontevedra e o Arquivo do Museo de Pontevedra, onde atopamos estractos de revistas de arqueólogos dentro e fora da Galicia, fotografías do gravado rupestre en cuestión e outros arquivos visuais como moldes do petróglifo.

O segundo que fixemos foi acudir ao Lugar Sagrado, neste caso   para sentir esa forza telúrica da rocha onde está traballada a Laxe das Lebres e escoitar o que nos contaban as pedras co fin de esbozar as primeras ideas en papel.

De este estudio saíron algúns bocetos que buscaban entender a forma da insultura dos cérvidos invertidos, como este:

Este tipo de traballo é moi similar ao que fan os arqueólogos cando queren catalogar o deseño dun petróglifo dun xeito simple. Para iso, centrámonos só na liña do debuxo da insultura, sen volume, sen luces e sombras, sen outro interés que non sexa adiviñar o trazado exacto que serviu de base e coa que traballaron os nosos antergos para gravar na pedra.

Despóis, quixemos estudar realmente cómo podíamos pintalo de xeito máis complexo e realista. Fixemos este estudio porque non atopamos en libros ou en internet a ningún/a artista que se dedicara a estudar os gravados rupestres e que non fora só o traballo en liña dos arqueólogos se non que realmente estudaran facetas tamén importantes da plasticidade do suxeito como:

  • A textura do granito da laxe
  • O efecto de volume do propio petróglifo (onde situar as luces e sombras para que pareza unha inscisión clara na pedra)

Decidimos pois nos anterior artigos facer tutoriais tanto en video como escrito sobrecomo pintar petróglifos e en concreto, tamén, como pintar a Laxe das Lebres”.

Este traballo é moi importante á hora de traducilo a unha ilustración. É dicir, unha vez tenhamos a base, de ter estudado as formas, o volume, o trazo, as cores, a composición, o debuxo/deseño… podemos comezar a soñar e interpretalo por medio do estilo de ilustración.

O primeiro que se nos ocurreu foi que “molaría” facer unha Colección de roupa, artigos do fogar e complementos sobre os gravados rupestres galaicos, evolucionando o traballo en liña da anterior Colección dos Petróglifos de Mogor, tal e como a representan os arqueólogos que as estudan, decidimos darlle vida a través do mundo da ilustración.

É dicir, pasamos dunha fotografía do gravado rupestre á pintura realista, perdendo algo de iconicidade para, logo, reinterpretalo por medio da ilustración que, aínda que non chega a ser pintura abstracta, fai que desapareza case por completo a sua iconicidad e o parecido coa realidade.

No mundo artístico pensamos que este traballo de partir unha foto ou da realidade do gravado ao estilo da ilustración fai que, con este novo enfoque, poida ser trasladado de novo á sociedades galega.

Por iso o primeiro boceto foi de unha camiseta xa ilustrada. Porque por medio de roupa ilustrada queremos conectar con vos e que os petroglifos saian da rocha para ir con vos e que todos saiban da riqueza da nosa cultura.

En canto ao conteúdo da camiseta a idea era reinterpretar en novos códigos visuais este vestixio arqueolóxico e darlle un novo significado. Ocurresenos representar o cervo non como o interpretan algúns arqueólogos sobre qué é un macho cunha femia unidos polas patas, mais como o mesmo cervo que se mira a si mesmo no refrexo da auga e que mira á figura das nova cazoletas, para nós, a lúa.

Cremos que esta nova forma de interpretalo é tan válida como as que fan os especialistas neste eido.

Pois a ‘lúa – refrexo da auga – cervo’ son un trinomio que non poucos poetas usaron nas súas creacións por ter un claro e forte compoñente simbólico. Digamos que en A Moura Galaica, malia que sabemos que non temos as mesmas circunstancias cos nosos antergos, en realidade non somos tan distintos e que realmente este trinomio de elementos ‘lúa – refrexo da auga – cervo’ é moi antigo e atemporal e é plausible que o escultor galaico que hai 5000 anos na área que coñecemos hoxe co nome de Poio, quixera contarnos esta historia petrificada para que así sexa transmitida a través do tempo ata chegar a nós e alén da nosa era.

Seguindo co proceso creativo,unha vez tivemos esa visión en mente e en papel, comezamos a traballar esa figura cérvida con máis detalle. De todolos bosquexos que fixemos sobre esta idea decidimos mostrarvos éste:

Despois, cando resolvimos a parte anatómica do maxestoso animal e entender como ficaría o refrexo na auga da súa forma, pasámolo a limpo nunha folla de acuarela de tamaño 36 cm x 46 cm prensada en frío de alta calidade pensando que tería que ser o suficientemente grande para que ficara ben no produtos ilustrados. Tamén fixemos outro cervo mais pequeño nunha folla de acuarela a parte para facelas provas de cor.

Esa noite non durmimos pensando en qué cores usar. Así que, despois de moito pensar, decidimos arranxar o tema da gama cromática pasando a práctica e facendo tódolos estudos de cor que, ainda que levaron dous días enteiros de traballo, foron moi útiles para a decision final dos tons desta ilustración.

Aquí tendes os estudos de cor:

Decidimos centrarnos en so dúas cores: o Vermello Saturno e o Cobalto Turquesa das acuarelas alemanas Schmincke, por ser complementarias tendo en conta á roda cromática.

Coa mistura resultante e variando as súas proporcións, faríamos os tóns medios que suavizarían o grande contraste entre estas dúas cores.

Logo, coa idea clara na cabeza, fixemos a primeir- prova no papel pequeno. Non houbo máis porque ficou óptimo e decidimos xa facela en grande tamén.

Filmamos estes traballos en formato short de Youtube.

Pensamos que o resultado mereceu as arduas semanas de traballo e toda unha vida pintando! Esperamos que vos gustara entrar na nosa mente creativa na que sempre sodes benvidos.

Share:

More Posts

Lugares Sagrados da Mitoloxía Galega

Imagen destacada: Castro de Troña, Ponteareas (Pontevedra)  A acepción “Lugares Sagrados” acuñouna Silvia Sancho Gómez  hai uns 10 anos cando actuaba como Embaixadora Cultural da

1
    1
    Your Cart
    Chan de Arquiña - Póster
    Chan de Arquiña - Póster
    1 X 15,95  = 15,95