Os gravados rupestres antóxanse esculturas prehistóricas que, realizadas durante a Idade de Bronce, convídannos a unha viaxe no tempo e a un mundo de símbolos cuxo significado latexa na imaxinación dos que se achegan e os observan con mente creativa.
Trataremos neste artigo dun dos lugares sagrados máis enigmáticos da Galicia. Este máxico lugar está situado nunha das ladeiras da Caeira, en Poio, preto de Pontevedra, e luce nas súas rochas unha fascinante inscultura* galaica: a denominada Laxe das Lebres.
Ao contemplar a superficie deste panel pétreo, vémonos inmersos nunha escea vibrante na que aparece representada a fauna sagrada que habitou estas terras hai miles de anos: os cérvidos.
Mais é no centro desta, onde a escea faise especialmente interesante: dous cervos invertidos unidos por unha liña que une as súas patas. Fronte a eles, un círculo adornado con nove cazoletas, engade un compoñente simbólico que desafía ao noso entendemento.
Que mensaxe segreda contén este gravado?
Quizáis nunca o sabremos ou quizáis coas novas tecnoloxías poderemos desenterrar o seu significado con exactitude nun futuro próximo.
Sexa como for, desde A Moura Galaica queremos convidarvos a deixar voar a vosa imaxinación e tentar descifrar o seu misterioso significado desde o mundo dos soños e da creatividade.
Así fixo a a nosa artista, Silvia Sancho, quen vos fará testigo, desde a ideación e o deseño ata a creación, dunha nova peza de Arte inspirada neste petróglifo e que buscar darlle unha nova interpretación comunicativa, artística e cultural.
Con esta obra, que publicaremos no vindeiro artigo, queremos tender unha ponte entre os noso pasado e o presente. Así como tamén romper o límite temporal que, aparentemente, nos separa dos nosos devanceiros pois non cabe dúbida que somos o mesmo pobo galaico que existiu hai milleiros de anos nas nosas terras. Somos galaicos.
*Petróglifo















